17/2/10

Sorteo das arroutadas de amor

As vosas arroutadas de amor foron moi orixinais e algunha delas moi divertida. Foron 84 participantes en total. Como son moitas aquí poñemos unha selección:

Eu por ti...
• convertiríame en piruleta para que me derritas a lingüitazos
• sería capaz de deixar de comer chuches durante unha semana
• quedo sen sesta o resto de domingos da miña vida!
• todo daría, ata o pecado máis grande deixaría
• muxiría unha vaca todos os días para facerche o almorzo
• facía o camiño de santiago de rodillas
• tírome ao Sarela lanzando un aturuxo
• escribiría el Quijote en estas dos líneas para regalarte tu merecido premio
• comía toooodas as gominolas de pecados
• non pecaría nunca
• danzaría un tango núa no Obradoiro
• colgábame do botafumeiro
• maaaaato, enténdesme?
• derrítome como chocolate no dulce de leite... alfajor!
• iría a Normandía a pasar o día
• pactaba co demo
• bicaría todas e cada unha das túas pecas, aínda que necesitara a eternidade para rematar
• fágome unha tatuaxe de Hello Kitty
• viaxaría á lúa para collerche unha estrela
E así moitas máis. Grazas a todos por participar na campaña...




O sorteo celebrouse na tenda, e a falta de vídeo boas son fotos. Todas as papeletas foron dobladas de igual xeito e introducidas nunha bolsa de papel, unha man inocente que pasaba por alí (e anónima, porque non lle preguntamos nin o nome, graciñas a todo esto) sacou o gañador da bolsa que resultou ser Natalia coa súa arroutada: eu por ti... faría unha escaleira de nubes sen gluten ata o ceo!! 

Noraboa! Xa podes recoller o teu premio, un lote de pecados e unha camisola! 

9/2/10

Día dos namorados

Con motivo do 14 de febreiro, facemos unha campaña divertida para que participedes no sorteo dun lote de Pecados San Valentín. Achegádevos á tenda e con cada compra darémosvos un cuponciño no que escribir a vosa "arroutada de amor". Iremos subindo ao blogue as vosas tolerías.

Eu por ti...
subiría á lúa en bicicleta e baixaría sen frenos
tinguiría o pelo de verde o martes de entroido
faría o camiño de santiago dende roncesvalles
comería chícharos crus até rebentar...

Non vos perdades tamén as novas mensaxes para pegar nos botes especiais deste día, incluso tedes un de "detesto san valentín" para os menos románticos, he,he,he.

Moita sorte no sorteo e a quererse moito.