17/2/10

Sorteo das arroutadas de amor

As vosas arroutadas de amor foron moi orixinais e algunha delas moi divertida. Foron 84 participantes en total. Como son moitas aquí poñemos unha selección:

Eu por ti...
• convertiríame en piruleta para que me derritas a lingüitazos
• sería capaz de deixar de comer chuches durante unha semana
• quedo sen sesta o resto de domingos da miña vida!
• todo daría, ata o pecado máis grande deixaría
• muxiría unha vaca todos os días para facerche o almorzo
• facía o camiño de santiago de rodillas
• tírome ao Sarela lanzando un aturuxo
• escribiría el Quijote en estas dos líneas para regalarte tu merecido premio
• comía toooodas as gominolas de pecados
• non pecaría nunca
• danzaría un tango núa no Obradoiro
• colgábame do botafumeiro
• maaaaato, enténdesme?
• derrítome como chocolate no dulce de leite... alfajor!
• iría a Normandía a pasar o día
• pactaba co demo
• bicaría todas e cada unha das túas pecas, aínda que necesitara a eternidade para rematar
• fágome unha tatuaxe de Hello Kitty
• viaxaría á lúa para collerche unha estrela
E así moitas máis. Grazas a todos por participar na campaña...




O sorteo celebrouse na tenda, e a falta de vídeo boas son fotos. Todas as papeletas foron dobladas de igual xeito e introducidas nunha bolsa de papel, unha man inocente que pasaba por alí (e anónima, porque non lle preguntamos nin o nome, graciñas a todo esto) sacou o gañador da bolsa que resultou ser Natalia coa súa arroutada: eu por ti... faría unha escaleira de nubes sen gluten ata o ceo!! 

Noraboa! Xa podes recoller o teu premio, un lote de pecados e unha camisola! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario