21/1/10

primeiro aniversario!!!

Xa levamos un aniño contigo! Foi un tempo de fondas emocións e queremos agradecervos, sobre todo aos composteláns, a vosa benvida e apoio.
Neste primeiro ano acadamos cousas que nos fixeron moita ilusión; dous premios de escaparatismo e o Manuel Beiras. 
Tamén puidemos participar na Cabalgata de Reis vendo de preto o sorriso dos máis pequenos. E todos os días gozamos coa presencia e historias de moitos turistas e peregrinos.  

Agardamos que nos sigades acompañando e prometemos máis sorpresas para este 2010. Grazas por vir a pecados, grazas por poñernos no voso día a día.