11/3/10

Día dos papás


Queremos rendir homenaxe a aqueles que nos tiveron. Fai que o 19 de marzo sexa especial para eles. Achégate e fai o seu día máis doce.... 

Polos paseos ao cabaliño e os cueiros que cambiou
Por esas noites nas que fixo que o coco marchara
Polos matóns do cole que escorrentou
Polas leccións que che preguntou antes do exame
Polos nervios que lle fixo pasar ao teu primeiro mozo ou moza
Por deixarche o coche aínda sabendo ben como conduces
Por facerche traballar no verán para ensinarche o que é a vida...

Grazas papás!